[caption id="" align="alignnone" width="710"]Bienvenida a los participantes en el Congreso de Dª Elena Rivó López en nombre del Rector[/caption]

I Congreso Ibérico de Compostos Fenólicos - UVigoTV

Iberphenol é unha rede cooperativa de investigación no ámbito de polifenoles e as súas aplicacións industriais, fundada por POCTEP (Programa de Cooperación Internacional para España e Portugal, 2014-2020; Ref. 0377_IBERPHENOL_6_E).

A preparación do proxecto nace da idea da Universidade de Salamanca de potenciar o traballo de investigación que se leva varios anos realizando no grupo de investigación GIP (Grupo de Investigación en Polifenoles). O grupo de investigación GIP mantiña colaboracións estables co resto de membros incluidos neste consorcio. Co obxectivo de reforzar estas unións e plantexar obxectivos moito máis ambiciosos que os levados a cabo ata agora se plantexa a creación da Rede IBERPHENOL – Red Ibérica de Investigación en Polifenoles.

O propósito de Iberphenol é establecer unha rede de investigación temática sobre polifenoles, promovendo os seguintes eixes de actuación:

  • Fomentar a integración das capacidades de investigación e desenvolvemento nesta área.
  • Promover a formación e mobilidade de investigadores entre centros académicos e empresas.
  • Desenvolvemento de proxectos colaborativos de I+D (implicando a centros de investigación e empresas), co obxecto de producir resultados explotables principalmente aplicados á industria agroalimentaria e á saúde e cosmética.
  • Fomentar a transferencia de tecnoloxía entre as institucións públicas e o tecido productivo.

Web de Iberphenol

 

Por este motivo, é un pracer convidarvos ao Congreso Ibérico de Compostos Fenólicos o día 2 de outubro de 2019 que terá lugar na Facultade de Ciencias (Campus Ourense, Universidade de Vigo).

Este congreso será un punto de encontro entre os investigadores do Iberphenol onde se abordarán os seguintes temas: agroindustrias fenólicas; compostos fenólicos e economía circular; compostos fenólicos e sabor; compostos fenólicos e propiedades bioactivas; e compostos fenólicos e saúde.

Información e contacto

Coordinación
María Figueiredo & Patricia Reboredo

Enderezo eléctronico
iberphenol@uvigo.es